martes, 1 de diciembre de 2015

lunes, 12 de octubre de 2015

Que uso lle dou ao ordenador

  Tiven o meu primeiro ordenador cando tiña sete ou oito anos, non o recordo exactamente, antes, só os tocara en clases de informática e vagamente o no colexio, e tiven o meu primeiro ordenador cando xa a maioría da clase o tiña.
o ordenador era bastante bo para a súa época, ou iso creo, pois non ía nada mal (agora é outro cantar, obviamente), un AMD dualcore a 2,34 ghz con 2GB de ram e windows XP e sin internet, aínda que claro, antes era máis común non telo ca telo.
  Con este primeiro ordenador meu tío regalounos o xogo dos sims e o típico de disparar bólas cunha ra, aparte de varios documentais, series e películas. Tiven unha etapa no que os usei, aínda que despois, ante a falta de internet, conecteime en varias ocasións á rede wifi do veciño (con nove dez anos xa roubaba wifi, que tempos...), creei unha conta para min no ordenador ao non saber o contrasinal deste (meus pais non sabían como demo conseguía entrar no ordenador, pero facíao), cambiei os temas de todas as contas da casa e toquei algo bastante o panel de control do windows XP do ordenador. Unha vez tanto me aburría que me fixen un fondo de pantalla para a miña conta co paint, e para se pequena, home, non é que estivera ben, pero tampouco mal.
  Cando tiña nove anos descubrín os marabillosos pen drives, e que podía gardar información neles totalmente miña, sen que ninguén mo tocara, información toda miña! Automaticamente pasou a ser un firme candidato para regalo de nadal, pero en cambio regaláronme un mp4, tamén bastante novos naquel entón, que eu non quería, porque eu, quería o meu pen drive. Finalmente conseguino ao ano seguinte de parte de meus tíos: un pendrive de 16GB (a maior cantidade dispoñible naquel entón, todo un luxo para min) laranxa ó que se lle podían ver os circuitos interiores. Creo que nunca tanta ilusión me fixo un regalo, e que nunca tanto uso lle din, pois aínda que a tapa rompeu hai tempo segue en pé de guerra.
  Así que durante un ano, coincidindo co internet na casa, dediqueime a recopilar fotos de internet sobre animais, creo que debín recopilar case 4GB de fotos, e dispuxen en carpetas totalmente organizadas. Despois tamén escribín algunhas cousas que gardaba alí, ademais de música, algunha foto, pero pouco.
  Cando comecei a ESO empecei a darlle un uso máis intensivo ao ordenador, con traballos para os que tiña que gardar información ou que directamente escribía alí, documentos que a falta da impresora levaba (e sigo levando porque sigo sen ter impresora, négome a mercar unha ata que baixen os prezos da tinta) a imprimir, e a navegar.
  Ademais, aínda que non sexa co ordenador, co meu primeiro teléfono con android comecei a utilizar moito máis a web para buscar información, que cando quero buscar máis profesionalmente continúo no ordenador, co que comecei a usalo de forma moito máis común para navegar.
  Agora, e co hardware antiguo que ten, por agora utilízoo máis para descargar archivos de gran tamaño, porque aínda que o dico non dea para moito (300 gb HDD, para nadal vou pedir un dun tera, o SSD non paga a pena xa) aínda pode gardar algo de información. Tamén fago algunha compra online a través de amazon, descargo ebooks para pasalos ó meu kindle, visualizo fotos, música e archivos multimedia que remato pasando a un pendrive (non me gusta compartir disco duro). Tamén navego con mozilla firefox ou opera, porque aínda que chrome ten fama remata coa miña pouca RAM en nada, e non me fío de google, ademais, tamén uso firefox en android, por mor do open source, e se me sincronizan as pestanas.
  Un dous principais usos que lle dou ao ordenador e para o cal funciona perfecto é o da ofimática, pois creo que nunca sería capaz de facelo nun portátil coma estou facendo agora mesmo, téñolle manía aos teclados baixos e cando escribo parece que aporreo as teclas, pois gústame sentilas e que fagan ruído, senón, non me sinto cómoda, e o teclado de teclas altas que fan ruído do sobremesa é marabilloso, e, por moi pouco potente que sexa, para xestionar un texto sempre funciona. Como non me veu con  office, e me nego a pagar unha pasta a microsoft pola súa suite ofimática ou suscribirme a office 365, uso libreoffice, antes usaba openoffice, pois nunca piratearía un software podendo usar un open source gratuíto que o suple perfectamente.
  Algunha vez vexo algunha serie en streaming ou escoito música, pero son cousas que fago máis habitualemnte co meu móbil, así que non se pode dicir que use o ordenador para iso.
  A verdade é que me gustaría xogar con el, pero a realidade é que non o fago por razóns obvias, ademais, tampouco coñezo xogos e non me atraen os en liña, máis adiante, cando consiga un ordenador cun rendemento decente, seguramente comece a xogar. Tamén me gustaría aprender máis en serio a programar, pois é algo que realmente me atrae e ao que me gustaría dedicar.
  Agora mesmo utilizo a última versión de Windows, depois de pasar polo 7 e o XP, aínda que depois dalgún tempo necesita un formateo, cousa lóxica, aínda que prefiro facer unha copia para o cal necesito un disco duro externo, así que vai moi reducido en eficacia. Aínda así unha vez ao mes dedícome a borrar programas que xa non uso ou dan problemas, archivos inútiles ou potencialmente maliciosos que puidesen haber entrado e revisar as extensións do navegador, que manteño ao mínimo pola carga de RAM, así, aínda se pode manter varios anos un ordenador vello.
  Por iso, para onsultas rápidas uso o portátil da miña irmá, que tarda segundos en acender frente aos cinco minutos largos do sobremesa, ou o móbil, aínda que cando acendo o sobremesa non me arrepinto, ademais, a este non lle hai que recragr a batería, e, con cables nunca lle teño que cambiar as pilas aos periféricos coma no portátil e todo funciona correctamente.